Comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PAS, PDI, ESTUDANTADO) e deberán pertencer a ditos colectivos ata a finalización do obradoiro do que son responsables.
A presentación de solicitudes supón a realización da totalidade dos seguintes pasos:
1. A persoa que coordina o obradoiro deberá cumprimentar a solicitude de participación mediante o formulario que se atopa na secretaría virtual da Universidade de Vigo (Axudas para organizar obradoiros de extensión universitaria 2º cuadrimestre- 2023/2024):
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/12541
Nota: No apartado do formulario “Achegar ficheiro con toda a documentación” deberá adxuntar o anexo a esta convocatoria debidamente cumprimentado descargado como arquivo pdf.
2. Xerar o PDF do formulario de solicitude que será asinado con certificado dixital.
3. O documento pdf do punto 2 anterior será o que se presentará a través da sede indicando en asunto “Axudas para organizar obradoiros 2º cuadrimestre 23-24”
4. Deberá dirixirse a:
- Campus de Vigo: vicerreitoría de Extensión Universitaria.
- Campus de Ourense: vicerreitoría do campus de Ourense.
- Campus de Pontevedra: vicerreitoría do campus de Pontevedra.
No caso de que non se celebre en ningún dos campus, dirixirase á vicerreitoría onde a persoa solicitante (coordinadora do obradoiro) teña establecido o seu centro de traballo ou de docencia maioritariamente.
5. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.