headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

ORI - Convocatoria Erasmus + ka107 2021-2022

Selección do alumnado para realizar unha estadía Erasmus +  nunha universidade estranxeira, en países asociados no actual programa KA107, durante o segundo cuadrimestre do curso 2021-2022.

Alumnado matriculado na Universidade de Vigo no curso académico 2020-2021 en titulacións oficiais de Grao, de Mestrado de máis de 60 ECTS ou nun Programa de Doutoramento.

Non se pode realizar máis de 12 meses de estadía Erasmus nas distintas modalidades (estudos e prácticas) durante o mesmo ciclo de estudos (Grao, Mestrado ou Doutoramento), polo que, non poderá participar o estudantado que gozou con anterioridade dunha estadía superior a 9 meses no mesmo ciclo de estudos universitarios ou nun Ciclo Superior de Formación Profesional.

No caso do alumnado de grao, deberán ter superado un mínimo de 60 ECTS.

As persoas candidatas deberán:

  1. Cubrir o formulario de participación en liña en https://uvigo.moveon4.de/locallogin/614861f39c62011579567965/
  2. Descargar o formulario unha vez cuberto
  3. Presentalo sen ningunha alteración, xunto co resto de documentación requirida na convocatoria a través da sede electrónica da Universidade de Vigo  (https://sede.uvigo.gal) polo procedemento ORI-Convocatoria Erasmus + ka107 2021-2022

A presentación da solicitude electronicamente require identificación na sede por medio de DNI electrónico ou doutro certificado electrónico admitido pola Universidade de Vigo

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Para cuestións administrativas, Oficina de Relacións Internacionais. 986 812017, erasmuska107@uvigo.es

Para cuestións académicas relacionadas cos destinos: as persoas responsables da mobilidade internacional nos centros e os coordinadores de cada proxecto indicados no Anexo II:

https://www.uvigo.gal/es/estudiar/movilidad

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día seguinte á publicación da convocatoria e ata o 3 de novembro de 2021

PRAZO DE RESOLUCIÓN

5 meses. A contar dende o día seguinte ao prazo de presentación de solicitudes.

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE



Volver
Iniciar tramitación