headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Solicitude de matrícula a tempo parcial

Solicitude de matrícula a tempo parcial

Estudantes de grao

Na sede electrónica da Universidade de Vigo, entrar no procedemento SGRA – Solicitude de matrícula a tempo parcial, achegar o formulario e a documentación requirida.

Formulario

Documentos que xustifiquen as circunstancias que lle impidan ao/a estudante a adicación plena aos estudos universitarios e o impreso de solicitude (formulario).

As circunstancias poden ser de carácter laboral, familiar, por atención a persoas dependentes, por actividades deportivas de alto nivel ou por calquera outra circunstacia que o órgano de dirección do centro considere que poida impedir a dedicación plena aos estudos.

Formulario

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

O órgano de dirección da Escola ou Facultade na que se cursan os estudos de grao:

Teléfonos e correos decanatos

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Desde a realización da matrícula ata o prazo de modificación do segundo cuadrimestre

Durante o curso académico 2021-2022: desde o 09/07/2021 ata o 05/02/2022

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Ao non existir no procedemento un prazo máximo de resolución, aplicaríase o artigo 21.3 da Lei 39/2015, pero, por as circunstancias das que se trata, debe resolverse o antes posible para que o/a estudante poida modificar a súa matrícula, se é o caso, e cursar soamente as materias seleccionadas

EFECTOS DO SILENCIO

Estimatorio, segundo o artigo 24 da Lei 39/2015

RECURSOS

Recurso potestativo de reposición e/ou recurso contencioso-administrativo

NORMATIVA APLICABLE

Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster

Normativa de permanencia e progreso

Convocatoria de admisión e matrícula nas ensinanzas de grao para o curso académico 2021/2022

Convocatoria de matrícula


Volver
Iniciar tramitación