Pode solicitarse praza para os fillos e fillas de membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.
Os integrantes da comunidade universitaria son: o persoal docente e investigador (PDI), incluído o persoal contratado con cargo a proxectos ou convenios, o persoal de administración e servizos (PAS) e o estudantado matriculado en titulacións oficiais da Universidade de Vigo durante o curso académico 2023/24.
Ao persoal da Fundación Universidade de Vigo e o estudantado do Programa para Maiores da Universidade de Vigo consideraráselles equiparados á comunidade universitaria aos efectos desta convocatoria.
No caso de que a oferta do servizo non se cubra coa demanda dos membros da comunidade universitaria poderán optar:
a) Primeiro, outros familiares con vinculación indirecta coa comunidade universitaria: netos/as e sobriños/as de estudantes de titulacións oficiais, de traballadores/as en activo ou de xubilados/as da Universidade de Vigo.
b) Segundo, os fillos e fillas de persoas que residan ou traballen na cidade de Ourense.
A efectos desta convocatoria, asimilarase ao representante legal do neno/a como pai/nai e ao menor en acollida como fillo/a.