A presentación de solicitudes supón a realización da totalidade dos seguintes pasos:
1. A persoa que coordina o obradoiro deberá encher o modelo oficial de solicitude/formulario (Axudas para organizar obradoiros de Extensión Universitaria 1º cuadrimestre – 2022/2023) que se atopa na secretaría virtual da Universidade de Vigo e achegar a documentación requirida no apartado 6 da convocatoria:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9667.
1.1 No apartado do formulario “Achegar ficheiro con toda a documentación” deberá subir a documentación que se relaciona no punto 6 da convocatoria.
2. Xerar o PDF só do formulario, descargalo e asinalo con certificado dixital.
3. Presentar o formulario do apartado anterior (descargado e asinado) entrando no procedemento “Axudas para organizar obradoiros 1º cuadrimestre” (achegando unicamente a solicitude e non os anexos).
4. En asunto indicar “Axudas para organizar obradoiros 1º cuadrimestre” e deberá dirixirse á vicerreitoría do campus onde se vaia a celebrar o obradoiro. No caso de que non se celebre en ningún dos campus da Universidade de Vigo, dirixirase á Vicerreitoría onde a persoa solicitante teña establecido o seu centro de traballo ou de docencia:
- Campus de Vigo: á vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.
- Campus de Ourense: á vicerreitoría do campus de Ourense.
- Campus de Pontevedra: á vicerreitoría do campus de Pontevedra.
5. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.