headerheader-400header-800
Volver

UCAL - Convocatoria Quinquenal para a avaliación da actividade docente do profesorado por medio do programa Docentia

O obxectivo da convocatoria é que o profesorado da Universidade de Vigo solicite a avaliación da súa actividade docente desenvolvida nun quinquenio no marco do programa Docentia

Poderán solicitar a participación na convocatoria todo o profesorado que imparta docencia nalgún grao ou mestrado dos centros propios da Universidade de Vigo, de acordo co Plan de ordenación docente (POD) e que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria.

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo no procedemento “Convocatoria para a avaliación da actividade docente do profesorado por medio do programa Docentia”.

O profesorado solicitante deberá cubrir o formulario de participación a través da aplicación informática dispoñible en https://www.qdsug.es/docentia/uvi/ (a primeira vez débese premer en “Rexistro de solicitantes” para recibir a clave de acceso por correo electrónico).

Unha vez feita a solicitude, a aplicación xerará un documento pdf que debe achegar a través da sede electrónica para facer efectiva a solicitude.

O impreso “Solicitude de participación no programa Docentia” que se xera unha vez cuberto o formulario de participación a través da aplicación informática dispoñible en https://www.qdsug.es/docentia/uvi/


ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Área de Calidade.

Teléfono: 986813897.

Correo electrónico: seccalidade@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación da convocatoria.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Convocatoria para a avaliación da actividade docente do profesorado por medio do Programa Docentia


Volver