headerheader-400header-800
Volver

SPDI - Concurso público Profesores/as Titulares de Universidade

Concurso público para cubrir prazas do corpo docente universitario de Profesores e Profesoras Titulares de Universidade.

Os requisitos de participación son os establecidos na base segunda da convocatoria, https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando “Emprego” e logo “Concursos de profesorado”.

Aspirantes en posesión da titulación de doutor/a, e acreditados para o corpo docente de Profesores e Profesoras Titulares de Universidade conforme ao establecido no Real Decreto 1312/2007, de 5 de outubro, modificado polo Real Decreto 415/2015, de 29 de maio.

Considérase que posúe a acreditación regulada no anterior Real Decreto o profesorado habilitado conforme ó establecido no Real Decreto 774/2002, de 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o aceso de corpos de funcionarios e funcionarias docentes universitarias e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

A solicitude de participación xerarase cubrindo o formulario integrado na aplicación­ web da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición, e xuntando a documentación esixida (ver apartado DOCUMENTACION REQUIRIDA). O enlace é distinto segundo se trate de persoas que xa teñan usuario de Secretaría Virtual ou non, tal e como se indica máis adiante no apartado FORMULARIOS RELACIONADOS.

Esta mesma aplicación será a que permitirá realizar o pagamento telemático das taxas ou, no seu defecto, xerar o impreso para o pagamento manual a través das entidades colaboradoras.

A solicitude de participación xerada pola aplicación web deberá ser presentada, xunto coa documentación correspondente, na sede electrónica da Universidade de Vigo a través deste procedemento.

Xunto coa solicitude de participación achegarase, en formato PDF, a seguinte documentación:

a)    Copia simple do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b)    Copia simple do título de doutor/a. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c)    Copia simple dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra “d” da base 2.1 da convocatoria (acreditación para o corpo docente de Profesores e Profesoras Titulares de Universidade).

d)    Unicamente no caso daquelas persoas aspirantes que non pertenzan á Universidade de Vigo, certificado orixinal (folla de servizos) da universidade ou organismo do que dependan, que acredite o seu desempeño.

e)    Xustificante, no seu caso, da exención parcial ou total de taxas.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal Docente Investigador correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.

Teléfonos 986 813765, 986 813421, 986 130305

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES  

Dende o 20 de decembro de 2023 ao 18 de xaneiro de 2024

PRAZO DE RESOLUCIÓN

4 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE             

O concurso rexerase pola LOSU, o RDCA, a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, os Estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro Universitario o 24 xullo de 2012, pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008, polas bases da convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación (base primeira).

FORMULARIOS RELACIONADOS

·         Enlace para persoas que xa teñan usuario de Secretaría Virtual:
https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index

·         Enlace para persoas externas, sen usuario de Secretaría Virtual:              
https://matricula.uvigo.eres/loginX/login.asp

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.

.


Volver