headerheader-400header-800
Volver

SPDI - Concurso público Profesores/as Titulares de Universidade (reserva I3/R3)

Concurso público para cubrir prazas do corpo docente universitario de Profesores e Profesoras Titulares de Universidade, correspondentes á cota de reserva do 15% para I3/R3.

Os requisitos de participación son os establecidos na base segunda da convocatoria, á que se pode acceder en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando “Emprego” e logo “Concursos de profesorado”.

Aspirantes en posesión da titulación de doutor/a, e acreditados para o corpo docente de Profesores e Profesoras Titulares de Universidade. Ademais, as persoas aspirantes deben estar no marco ou ter finalizado o programa Ramón y Cajal, ou o programa de excelencia nacional ou internacional, e disponer do certificado I3/R3.

A solicitude de participación xerarase cubrindo o formulario integrado na aplicación­ web da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición. O enlace é distinto segundo se trate de persoas que xa teñan usuario de Secretaría Virtual ou non, tal e como se indica máis adiante no apartado FORMULARIOS RELACIONADOS.

Esta mesma aplicación será a que permitirá realizar o pagamento telemático das taxas ou, no seu defecto, xerar o impreso para o pagamento manual a través das entidades colaboradoras.

A solicitude de participación xerada pola aplicación web deberá ser presentada, xunto coa documentación correspondente (ver apartado DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA), na sede electrónica da Universidade de Vigo a través deste procedemento.

Na sede presentarase, en formato PDF, a seguinte documentación:

a)    Copia da solicitude xerada na fase de inscrición.

b)    Copia simple do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren separados de dereito do seu cónxuxe e, de ser o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

c)    Copia simple do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberase xuntar a credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

d)    Copia simple dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra "d" da base 2.1 (acreditación).

e)    Copia simple dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra "h" da base 2.1 (programa de excelencia e certificado I3/R3).

f)     Unicamente no caso de aspirantes que ocupen unha praza de corpos docentes universitarios (funcionarios) e non pertenzan á Universidade de Vigo, certificado orixinal (folla de servicios) da universidade ou organismo de que dependan, que acredite o seu desempeño.

g)    Xustificante, de ser o caso, da exención parcial ou total de taxas.

h)    Unicamente no caso de aspirantes de estados que non teñan o castelán como lingua oficial, certificación ou documento que acredite o cumprimento do requisito de idioma que se sinala na base 2.2.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal Docente Investigador correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.

Teléfonos 986 813765, 986 813421, 986 130305

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES  

Dende o 4 de outubro ao 1 de novembro de 2024

PRAZO DE RESOLUCIÓN

4 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE             

O concurso rexerase pola LOSU, o RD 678/2023, a LPACAP, a LRXSP, o TREBEP, os Estatutos da Universidade de Vigo, o Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e ás categorías de profesorado permanente laboral e axudante doutor de 2024, así como polas bases da convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación.

FORMULARIOS RELACIONADOS

·         Enlace para persoas que xa teñan usuario de Secretaría Virtual:
https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index

·         Enlace para persoas externas, sen usuario de Secretaría Virtual:              
https://matricula.uvigo.eres/loginX/login.asp

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.

.


Volver