headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SPDI - Concurso público Contratados/as Doutores/as

Concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor.

Os requisitos de participación son os establecidos na base segunda da convocatoria, https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando, “emprego” e logo “concursos de profesorado”.

Os aspirantes terán que estar en posesión da titulación de doutor/a. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

Acreditar a avaliación positiva pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Quen pertenza aos corpos docentes universitarios e as persoas candidatas que se atopen habilitadas ou acreditadas para os mesmas resultarán admitidas nos termos e condicións establecidos na Resolución da Dirección Xeral de Universidades do 18 de febreiro de 2005 (BOE de 4 de marzo).

No seu caso, ter finalizado o programa Ramón y Cajal, ou o programa de excelencia nacional ou internacional, e dispor do certificado I3.

A solicitude de participación farase cumprimentando o formulario integrado na aplicación web  da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición. Enlace:

Persoal propio da Universidade

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index

Persoal externo

https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp

Unha vez cumprimentada e validada a solicitude a través da aplicación web, a mesma deberá ser presentada, xunto coa documentación correspondente, na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) no procedemento Concurso Público de Contratado/a Doutor/a premendo no apartado “INICIAR TRAMITACIÓN”.

Xunto coa solicitude de participación achegarase, en formato PDF, a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia do título de doutor/a. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional (acreditación ao corpo docente de Contratado/a Doutor/a).

c)  No seu caso, documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra “d” da base 2.1 da convocatoria (acreditación ao corpo docente de Contratado/a Doutor/a).

d) No seu caso, documentos que acrediten o cumprimentos dos requisites que se sinalan na letra “h” da base 2.1 da convocatoria (ter finalizado o programa Ramón y Cajal, ou o programa de excelencia nacional ou internacional, e dispor do certificado I3).

e)  Xustificante, no seu caso, da exención parcial ou total de taxas.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal Docente Investigador correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.

Teléfonos 986 813765 – 986 813421

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Vinte días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

NORMATIVA APLICABLE                                                                                                                                           

Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, os Estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro Universitario o 24 xullo de 2012, pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008, polas bases da convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación (base primeira).

FORMULARIOS RELACIONADOS

Persoal propio da Universidade

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index

Persoal externo

https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.


Volver
Iniciar tramitación