Os aspirantes terán que estar en posesión da titulación de doutor/a. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.
Acreditar a avaliación positiva pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Quen pertenza aos corpos docentes universitarios e as persoas candidatas que se atopen habilitadas ou acreditadas para os mesmas resultarán admitidas nos termos e condicións establecidos na Resolución da Dirección Xeral de Universidades do 18 de febreiro de 2005 (BOE de 4 de marzo).
No seu caso, estar no marco ou ter finalizado o programa Ramón y Cajal, ou o programa de excelencia nacional ou internacional, e dispor do certificado I3.
A solicitude de participación farase cumprimentando o formulario integrado na aplicación web da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición. Enlace:
Persoal propio da Universidade
https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index
Persoal externo
https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp
Unha vez cumprimentada e validada a solicitude a través da aplicación web, a mesma deberá ser presentada, xunto coa documentación correspondente, na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) no procedemento CD2201- Concurso Público de Contratado/a Doutor/a premendo no apartado “INICIAR TRAMITACIÓN”.
Xunto coa solicitude de participación achegarase, en formato PDF, a seguinte documentación:
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Persoal Docente Investigador correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.
Teléfonos 986 813765 – 986 813421
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Desde o 10 de abril de 2023, ao 08 de maio de 2023.
NORMATIVA APLICABLE
Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, os Estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro Universitario o 24 xullo de 2012, pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008, polas bases da convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación (base primeira).
FORMULARIOS RELACIONADOS
Persoal propio da Universidade
https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index
Persoal externo
https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp
OBSERVACIÓNS
Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.