headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SPDI - Concurso público Catedráticos/as de Universidade

Concurso público para cubrir  por promoción interna  prazas  de corpos docentes universitarios. Catedráticos/as de Universidade.

Os requisitos de participación son os establecidos na base segunda da convocatoria, https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando, “emprego” e logo “concursos de profesorado”.

De conformidade co artigo 62.2 da LOU para poder participar nas prazas de promoción interna ao Corpo de Catedrático/a de universidade deberán ter a condición de funcionario/a de carreira como Profesores/as Titulares de Universidade ou da Escala de Investigadores/as Científicos/as dos Organismos Públicos de Investigación e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo esta condición.

A solicitude de participación farase cumprimentando o formulario integrado na aplicación web  da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición. Enlace:

Persoal propio da Universidade

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index

Persoal externo

https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp

Unha vez cumprimentada e validada a solicitude a través da aplicación web, a mesma deberá ser presentada, xunto coa documentación correspondente, na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), no procedemento CU2102- Concurso Público Catedrático/a de Universidade premendo no apartado  “INICIAR TRAMITACIÓN”.


Xunto coa solicitude de participación achegarase, en formato PDF, a seguinte documentación:

  1. Copia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
  2. Copia do título de doutor/a. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.
  3. Copia dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra “d” da base 2.1 da convocatoria (acreditación ao corpo docente de Catedráticos/as de Universidade).
  4. Aspirantes que non pertenzan á Universidade de Vigo: copia da folla de servizos que acredite ser funcionario/a de carreira como Profesores/as Titulares de Universidade ou da Escala de Investigadores/as Científicos/as dos Organismos Públicos de Investigación, e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo esta condición.
  5. Xustificante, no seu caso, da exención parcial ou total de taxas.

.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal Docente Investigador, correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.

Teléfonos 986 813765 – 986 813421

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde el 20 de juño de 2022, ao 18 de jullo de 2022.

NORMATIVA APLICABLE

O concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, os Estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro Universitario o 24 xullo de 2012, pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008, polas bases da convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación (base primeira).

FORMULARIOS RELACIONADOS

Persoal propio da Universidade

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index

Persoal externo

https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.


Volver
Iniciar tramitación