headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

ORI - Convocatoria de prácticas Erasmus+ Curso 2021-22

Convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar prácticas curriculares o extracurriculares en empresas e organizacións situadas nalgún dos países membros da UE e tamén en Islandia, Liechtenstein, Noruega, República de Macedonia do Norte, Serbia e Turquía ao abeiro do programa Erasmus+.

Obxectivo: Contribuír a que o estudantado se adapte ás esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, desenvolva competencias persoais, específicas e lingüísticas e mellore a súa comprensión do entorno cultural, económico e social do país de destino

Alumnado matriculado na Universidade de Vigo en titulacións oficiais de Grao e Mestrado.

Debe cubrirse a solicitude na Secretaría Virtual, no apartado de Formularios e Enquisas. Nome do formulario: Convocatoria de Bolsas Erasmus+ prácticas curso 2021/2022.

É preciso tramitar o certificado de persoa física para asinar os documentos orixinais requiridos na convocatoria. Este sistema poderá ser utilizado para presentar a solicitude e a documentación relacionada con esta convocatoria a través da sede electrónica da Universidade de Vigo. Está colgado coa convocatoria o manual coas instrucións para solicitalo.

Enviar o formulario cuberto xunto coa documentación requirida no punto 6 da convocatoria a través da Sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/ mediante o procedemento ORI-Convocatoria Erasmus+ prácticas 2021-2022, dirixido á Oficina de Relacións Intenacionais.


Guía de presentación de solicitudes

ORGANO ENCARGADO DE LA TRAMITACIÓN

Oficina de Relacións Internacionais         outgoing.ori@uvigo.es  986 818726

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 3 a 30 de maio de 2021

Do 1 de outubro ata o 15 de novembro de 2021

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Prazo máximo de resolución: 3 MESES

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Bases da convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/541

Regulamento (UE) n ° 1288/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013, polo que se crea o programa «Erasmus+», de educación, formación, xuventude e deporte da Unión e polo que se derrogan as Decisións n ° 1719/2006/CE, 1720/2006/CE y 1298/2008/CE.

Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.

Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades

Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios

Regulamento de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo

FORMULARIOS RELACIONADOS

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7850


Volver
Iniciar tramitación