headerheader-400header-800
Volver

SEXT - Convocatoria de axudas para organizar cursos de extensión universitaria da Universidade de Vigo no ano 2021 (PAS/PDI)

O obxecto deste procedemento é promover a organización de accións formativas que faciliten a transmisión de destrezas e habilidades desenvolvidas pola comunidade universitaria ao contorno social da Universidade de Vigo. Para iso convócase un programa de axudas para organizar os cursos de extensión universitaria da Universidade de Vigo no ano 2021.

Persoal da Universidade de Vigo.

As persoas coordinadoras do curso de extensión universitaria deberán encher o modelo oficial de solicitude/formulario que se atopa na secretaría virtual da Universidade de Vigo e achegar a documentación requirida:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/667

A presentación do citado formulario, unha vez asinado dixitalmente, será a través da sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal (achegando unicamente a solicitude e non os anexos) e deberá dirixirse á vicerreitoría do campus onde se vaia a  celebrar o curso. No caso de que non se celebre en ningún dos campus da Universidade de Vigo, dirixirase á Vicerreitoría onde a persoa solicitante teña establecido o seu centro de traballo ou de docencia:

- Campus de Vigo: á vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, campus universitario, 36310 Vigo.

- Campus de Ourense: á vicerreitoría do campus de Ourense, edificio das Facultades, campus As Lagoas.

- Campus de Pontevedra: á vicerreitoría do campus de Pontevedra, Casa das Campás, rúa don Filiberto, 9-11, 36002 Pontevedra.

No momento de cubrir a solicitude na secretaría virtual, a persoa solicitante deberá ademais achegar nun só arquivo, que terá como título a denominación do curso, a seguinte documentación:

- Anexo II: Datos do curso de extensión universitaria. 

- Anexo III: Currículo resumido do persoal docente.

- Anexo IV: Custo do persoal docente.

- Anexo V: Orzamento do curso, asinado dixitalmente pola persoa solicitante.

- No caso de contar con financiamento externo á Universidade de Vigo, achegarase a documentación acreditativa expedida pola entidade ou institución correspondente, con indicación da contía económica concedida en cada un dos casos, e no suposto de que a Universidade de Vigo perciba ingresos por algunha entidade ou institución, deberá achegarse o oportuno convenio debidamente asinado.

- Autorización do lugar de celebración do curso.

- Convenio actualizado para a redución de matrícula a outros colectivos distintos da comunidade universitaria, de ser o caso.

Esta documentación achegarase unicamente a través da secretaría virtual, e non deberá ser presentada na sede electrónica.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Sección de Extensión Universitaria.

extension@uvigo.es

Tel.: 986 813 626

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Ata o 20 de abril de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

RESOLUCIÓN REITORAL DO 07 DE ABRIL DE 2021 POLA QUE SE PUBLICA A CONVOCATARIA DE AXUDAS PARA ORGANIZAR CURSOS DE EXTENSIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO NO ANO 2021

FORMULARIOS RELACIONADOS

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/667


Volver