headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

EAFP - Axudas para Grupos de Innovación Docente

Apoiar economicamente as actividades dos Grupos de Innovación Docente (GID). Os conceptos para solicitar a axuda serán os seguintes:

  • Concepto I: Xeración de materiais docentes para a docencia universitaria
    Sufragarase a elaboración de manuais, unidades didácticas, libros, capítulos, artigos relacionados directamente coa docencia, traducións e software con finalidade docente.
  • Concepto II: Actividades de divulgación docente
    Sufragarase a elaboración de xornadas, conferencias e cursos que poderán estar destinadas á comunidade universitaria ou á sociedade.
  • Concepto III: Participación en congresos
    Sufragarase a matrícula e a indemnización por razóns de servizo.

As persoas coordinadoras dos GID, renovados pola COAP de data 09-03-2021, serán as que poderán solicitar as axudas.

No caso de elixir o Concepto III a persoa que coordina o GID seleccionará ao membro de grupo que participará no congreso. A persoa elixida ten que ter unha vinculación laboral coa Universidade de Vigo.

O impreso de solicitude  Anexo I, debe ser cuberto polo coordinador do grupo GID.

A dita solicitude asinada presentarase na sede electrónica da Universidade de Vigo, especificando no asunto a “Escola Aberta de Formación Permanente. (Axudas GID)”.

Durante o prazo de alegacións, estas deberán presentarse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo na dirección https://sede.uvigo.gal/public/catalog/catalog-index.xhtml no procedemento SXER - Alegacións, mediante o formulario xenérico de alegacións.

Guía de presentación de solicitudes

Adxuntaráse xunto coa solicitude (máx. 15 arquivos, cada 1 de máximo 10 MB):

- As facturas pola elaboración de manuais, unidades didácticas, libros, capítulos, artigos relacionados directamente coa docencia, traducións e software con finalidade docente.

 - A xustificación dos gastos das xornadas, conferencias e cursos.

- A matrícula de participación en congresos e as indemnizacións de servizos.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Escola Aberta de Formación Permanente.

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado .

E-mail: eafp@uvigo.es

            eafp.innovacion@uvigo.es

Teléfonos: 986130304

                  986130302

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 23:59 horas do 21 de maio de 2021

PRAZO PARA RESOLVER:

Tres meses.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio.

NORMATIVA APLICABLE

Convocatoria Axudas Grupos Innovación Docente.

Artigo 123.2 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


Volver
Iniciar tramitación