O persoal funcionario de carreira ou interino dos corpos docentes universitarios, o profesorado contratado doutor fixo ou interino, o profesorado permanente laboral fixo ou interino e o profesorado axudante doutor, en servizo activo e réxime de dedicación a tempo completo que cumpran dentro do ano 2023 cinco anos de servizos docentes sen avaliar a tempo completo, ou período equivalente se se prestou en réxime de dedicación a tempo parcial, poderán presentar as súas solicitudes de avaliación docente segundo o modelo oficial, Anexo I.
Así mesmo, o persoal funcionario docente que a 31 de decembro de 2023 se atope en situación de servizos especiais, excedencia voluntaria ou calquera outra situación de excedencia que dea dereito á reserva de posto de traballo, poderá presentar a solicitude de avaliación docente, aínda que os dereitos económicos non se devindicarán ata o momento do seu reingreso na Universidade en réxime de dedicación a tempo completo.
A solicitude de avaliación farase cumprimentando o modelo Anexo I accesible dende:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1249
Unha vez cumprimentada a solicitude deberá ser asinada e presentada, xunto coa documentación correspondente, na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER).
Así mesmo, os interesados poderán presentar as súas solicitudes de avaliación por calquera dos medios aos que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Xunto coa solicitude de avaliación achegarase, en formato PDF, a seguinte documentación:
a) Folla de servizos (certificado de servizos prestados). Nota: O profesorado que soamente teña servizos na Universidade de Vigo non precisa presentar a folla de servizos.
b) Informe do Consello de Departamento e da/s Xunta/s de Centro/s, con indicación da data de inicio e fin do/s período/s que se somete a avaliación.
c) No seu caso, para a acreditación dos servizos docentes prestados en Universidades públicas como bolseiro FPU/FPI, de programas de formación predoutoral da Uvigo ou da Xunta, a concesión e as certificacións da entidade correspondente xustificativa do cumprimento/goce da bolsa/contrato, con indicación do tipo de contrato/bolsa e a data de inicio e fin da súa duración, así como a actividade docente realizada.
d) No seu caso, para a acreditación de servizos docentes distintos dos anteriores (en CSIC, noutras Universidades públicas, en OPIs, en universidades e centros de investigación estranxeiros) co contrato ou nomeamento e as certificacións da entidade correspondente xustificativa do cumprimento/goce da bolsa/contrato, con indicación do tipo de contrato/bolsa e a data de inicio e fin da súa duración, así como a actividade docente realizada especificando o réxime de dedicación.
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Persoal Docente Investigador, correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.
Teléfonos 986 813580 - 986 813572
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir da publicación da presente convocatoria e ata o 2 de xaneiro de 2024.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 25.1.a) da Lei 39/2015.
NORMATIVA APLICABLE
A normativa e demais aspectos de procedemento e efectos da avaliación docente especifícanse no Anexo II da convocatoria, accesible dende:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1249
FORMULARIOS RELACIONADOS
Solicitude de avaliación (Anexo I) accesible dende:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1249
OBSERVACIÓNS
Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente a documentación completa do procedemento de avaliación, a presente información non ten valor xurídico.