- Anexo III: Proposta do programa de estudos que desexa realizar para cada unha das universidades de acollida, asinada polo/a solicitante e a persoa responsable de Relacións Internacionais do centro. Deberase presentar unha proposta por cada destino solicitado.
- Documentación acreditativa de coñecemento de idioma/s, no caso de ser necesaria para o destino seleccionado, segundo se establece no anexo II. O coñecemento de idiomas deberá acreditarse mediante a presentación das seguintes certificacións oficiais: http://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_de_Certificados_septiembre_2020/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES23_10_2020.pdf
- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos específicos do Anexo II.