Alumnado matriculado no curso académico 2022-2023 nos cursos 2º, 3º u 4º , agás o da Escola de Enxeñaría Industrial que só poderá realizar a mobilidade en 4º.
Non poderá participar o estudantado de Fisioterapia e Enfermaría por corresponder a estudos de posgrao en Estados Unidos.
O proceso consta de dous formularios:
A. A. Formulario de participación en liña, a través da plataforma MOVEON:
Paso 1:
1. Inscribirse na plataforma de MOVEON, https://uvigo.moveon4.de/locallogin/614861f39c62011579567965/spa, no apartado de correo electrónico poñerase o correspondente o dominio alumnos.uvigo.es para acceder posteriormente a iniciar sesión.
Paso 2:
1. Unha vez inscrito, iniciamos sesión para cubrir o formulario de participación en liña na plataforma de MOveon https://uvigo.moveon4.de/locallogin/614861f39c62011579567965/spa
2. Descargar o formulario unha vez cuberto e asinalo electronicamente.
3. Presentalo sen ningunha alteración, xunto coa documentación requerida na convocatoria, que será o Certificado do TOEFL ou impreso da matrícula para a súa realización (máximo ata o 10 de xaneiro de 2022) a través da sede electrónica da Uvigo (https://sede.uvigo.gal) polo procedemento ORI-Convocatoria ISEP 2022-2023.
B. Formulario de ISEP, a través de ISEP Application:
Paso 1:
1. Crear unha conta ISEP no portal de ISEP dándose de alta coa conta de correo do dominio @alumnos.uvigo.es: https://searchisepstudyabroad.org/Login?redirect_to=/Application&&internalUrl=True
2. Completar a Application ISEP en liña seguindo as indicacións: https://www.isepstudyabroad.org/planning/how-to-apply/. Esta solicitude deberá estar completada antes do 10 de xaneiro de 2022.
A. Formulario de participación liña :
Esta documentación subirase a través da sede electrónica da Uvigo (https://sede.uvigo.gal) polo procedemento ORI-Convocatoria ISEP 2022-2023:
1.Formulario de participación en liña da plataforma Moveon.
2. Certificado do TOEFL ou impreso da matrícula para a súa realización (máx. ata10 de xaneiro de 2022).
B. Formulario de ISEP :
A documentación será engadida na portal ISEP coa ISEP application:
1. Certificación académica en inglés (Transcript of Records)
2. Carta de recomendación dun/a docente da Uvigo en inglés
3. Copia do pasaporte
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
Oficina de Relacións Internacionais. 986 813550/818726, outgoing.ori@uvigo.gal
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Desde o día seguinte á publicación da convocatoria e ata o día 10 de xaneiro de 2022.
PRAZO DE RESOLUCIÓN
3 meses a contar desde o día seguinte ao prazo de presentación de solicitudes.
SENTIDO DO SILENCIO
Negativo NORMATIVA APLICABLE
2 Regulamento de mobilidade internacional da Universidade de Vigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/416
3 Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, de universidades:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/19
4 Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos da UVigo:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/267
FORMULARIOS RELACIONADOS
· Formulario de participación en liña na UVigo: https://uvigo.moveon4.de/locallogin/614861f39c62011579567965/spa
· Formulario de ISEP: https://searchisepstudyabroad.org/Login?redirect_to=/Application&&internalUrl=True