Estudantes matriculados no curso académico 2020-2021 nos cursos 2º, 3º u 4º nos graos que se ofertan en los centros propios da Universidade de Vigo. O alumnado da Escola de Enxeñaría Industrial poderá realizar só estudos relativos a seu último curso de titulación. No caso de estudos de posgrao (graduate), estar matriculado/a no curso académico 2020-2021 nunha titulación de mestrado ou doutoramento.
Estar en posesión e con vixencia do Test of English as a Foreign Language (TOEFL iBT). Admitiranse a trámite aquelas solicitudes que xustifiquen a matrícula para os exámes convocados ata o 12 de decembro de 2020.
Como facelo
Solicitude na Universidade de Vigo:
Formulario de solicitude dispoñible na Secretaría Virtual (formularios e enquisas) da Universidade de Vigo2021/2022 ISEP solicitude.
Unha vez descargado e completado deberá presentarse na sede electrónica da Universidade de Vigo Sede Electrónica | Universidad de Vigo (uvigo.gal) polo procedemento ORI-Convocatoria ISEP 2021-2022, coa documentación requirida na convocatoria.
Solicitude en ISEP:
Cubrir, no prazo de presentación de solicitudes indicado anteriormente, a aplicación en liña de ISEP e engadir telematicamente toda a documentación que esta require. A ligazón directa á aplicación en liña de ISEP é: How to Apply | ISEP Study Abroad (a modalidade é ISEP Exchange).