headerheader-400header-800
Volver

VICOU - Convocatoria de utilización dun laboratorio no Edificio do Campus Auga 2020

Convocatoria para a utilización dun laboratorio singular de investigación no Edificio do Campus Auga en Ourense.

Grupos de investigación que cumplan os seguintes requisitos:

a) A maioría dos compoñentes do grupo debe desenvolver as súas tarefas de docencia e investigación no Campus de Ourense.

b) Ter unha traxectoria continuada de actividade de I+D+i nalgún dos eixos estratéxicos do Campus Auga, e ter necesidade demostrable do tipo de espazo proporcionado polo Centro do Campus Auga.

c) Ser un grupo de investigación rexistrado no SUXI-XC, que cumpra os requisitos indicados no apartado 1. 1.a. da “Normativa de grupos, agrupación e centros singulares de investigación da Universidade de Vigo”, e teña a consideración de Grupo de Referencia Competitiva ou Grupo de Potencial Crecemento pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

d) Non ter xa asignado, nin o grupo nin parte do grupo, máis de dous laboratorios singulares no edificio do Campus Auga.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Universidade de Vigo (sede.uvigo.gal), acompañando á instancia xenérica (SXER) da seguinte documentación:

1.        Formulario “Solicitude de utilización de espazos no Edificio Campus Auga”, debidamente cuberto, que se poderá descargar no seguinte enderezo:  http://campusdaauga.uvigo.es/ (Anexo I desta convocatoria).

2.      CV do investigador principal, que asina a solicitude.

3.      Currículo do grupo de investigación nos últimos 5 anos.

1.        Formulario “Solicitude de utilización de espazos no Edificio Campus Auga”, debidamente cuberto, que se poderá descargar no seguinte enderezo:  http://campusdaauga.uvigo.es/ (Anexo I desta convocatoria).

2.      CV do investigador principal, que asina a solicitude.

3.      Currículo do grupo de investigación nos últimos 5 anos.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus Auga

Tfno.: 988387300

Enderezo electrónico: vicou@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día seguinte ao de publicación desta convocatoria ata o día 1 de decembro de 2020 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Tres meses contados a partir do día seguinte á data de finalización da presentación de solicitudes.

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Convocatoria de utilización dun laboratorio no Edificio do Campus Auga 2020

FORMULARIOS RELACIONADOS

O formulario de solicitude póde descargarse no enderezo http://campusdaauga.uvigo.es/



Volver