Alumnado matriculado na Universidade de Vigo no curso académico 2020-2021 en titulacións oficiais de Grao, de Mestrado de máis de 60 ECTS ou nun Programa de Doutoramento.
Non se pode realizar máis de 12 meses de estadía Erasmus nas distintas modalidades (estudos e prácticas) durante o mesmo ciclo de estudos (Grao, Mestrado ou Doutoramento), polo que, non poderá participar o estudantado que gozou con anterioridade dunha estadía superior a 7 meses no mesmo ciclo de estudos universitarios ou nun Ciclo Superior de Formación Profesional.
Formulario de solicitude en liña na Secretaría Virtual (formularios e enquisas) da Universidade de Vigo 2021/22 ERASMUS ESTUDOS SOLICITUDE
Unha vez descargado e compretado deberá presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) polo procedemento “ORI-Convocatoria Erasmus estudos 2021-2022”, xunto coa documentación requirida no punto 3 da convocatoria.
A presentación da solicitude electronicamente require identificación na sede por medio de DNI electrónico ou doutro certificado electrónico admitido pola Universidade de Vigo
- Certificacións oficiais de coñecemento de idiomas se se esixe nos destinos publicados no Anexo III, na páxina web da universidade de destino ou nos requisitos específicos do centro (Anexo II). A acreditación realizarase mediante a presentación das seguintes certificacións oficiais:
- Para alumnado de Belas Artes: proxecto artístico en PDF.
- Para alumnado que gozara dunha bolsa Erasmus durante o Ciclo Superior de Formación Profesional: certificación da devandita mobilidade.
- Para o alumnado matriculado nun Programa Conxunto de Estudos Oficiais (PCEO), no Grao de Linguas Estranxeiras ou no Grao en Traducción e Interpretación, no caso de solicitar 2 estadías no mesmo curso, 1 para cada cuadrimestre: Escrito indicando o/s destino/s que elixe en cada cuadrimestre.
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
Para cuestións administrativas, Oficina de Relacións Internacionais. 986 813550, outgoing.ori@uvigo.es
Para cuestións académicas relacionadas cos destinos: as persoas responsables da mobilidade internacional nos centros:
https://www.uvigo.gal/es/estudiar/movilidad
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Dende o día seguinte á publicación da convocatoria e ata o 18 de decembro de 2020
PRAZO DE RESOLUCIÓN
5 meses. A contar dende o día seguinte ao prazo de presentación de solicitudes.
SENTIDO DO SILENCIO
SENTIDO DO SILENCIO: Negativo
NORMATIVA APLICABLE
- Convocatoria Erasmus Estudos 2021/2022
- Programa Erasmus aprobado para o período 2014-2020, prorrogado para o curso 2021-2022 e do novo programa que se desenvolverá no período 2021-2027.
- Reglamento de movilidad internacional de la Universidade de Vigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/416
- Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, de Universidade
- Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos da UVigo.
FORMULARIOS RELACIONADOS
Formulario 2021/22 ERASMUS ESTUDOS SOLICITUDE.