headerheader-400header-800
Volver

SPAS - Roupa de traballo para o PAS laboral

Convocatoria pola que o persoal laboral de administración e servizos pode solicitar roupa de traballo.

A convocatoria pode consultarse no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/564

Para atender imprevistos, as persoas responsables de unidades poden solicitar roupa para dispor dun depósito.

-     Persoal laboral de administración e servizos que, estando prestando servizos efectivos, estea encadrado nas categorías que se indican no anexo I da convocatoria.

-     Persoal responsable de unidades

Existen tres tipos de formularios para solicitar a roupa de traballo dispoñibles no seguinte enderezo:  https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/564, que deben presentarse a través da sede electrónica. Para facilitar esta xestión se ofrece a

Guía de presentación de solicitudes

a)  Solicitude de roupa de traballo (anexo II); debe ser cuberto e asinado pola persoa solicitante e pola persoa responsable da súa unidade.

b)   Solicitude doutras prendas de traballo (anexo III); debe ser cuberto e asinado pola persoa solicitante e pola persoa responsable.

c)   Solicitude e roupa de traballo – depósito (anexo IV); debe ser cuberto e asinado pola persoa responsable da unidade.

Servizo encargado de tramitación: Servizo de persoal de administración e servizos

consultapas@uvigo.gal,  986 813 579

Presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de outubro de 2020.

Normativa aplicable

Este procedemento desenvolverase consonte o establecido no II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos e o establecido na propia convocatoria.

Formularios relacionados

Todos os formularios están dispoñible no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/564

Dende : 23/09/2020

Ata : 30/10/2020


Volver