headerheader-400header-800
Volver

UUAP - Caixa de Queixas, Suxestións e Parabéns

A través do sistema recóllense e tramítanse as manifestacións de insatisfacción cos servizos que presta a universidade, as iniciativas para mellorar a súa calidade e os recoñecementos polo bo funcionamento, garantindo unha resposta clara e axustada sobre as actuacións realizadas e, no seu caso, das medidas adoptadas.

As QSP poderán presentalas calquera membro da comunidade universitaria e persoas alleas sempre que se refiran ao funcionamento dos servizos da universidade e resulten persoalmente afectadas polas supostas deficiencias denunciadas. Poderán formulalas directamente a persoa interesada ou a través dos ou das representantes, incluídas as delegacións do alumnado ou, cando correspondan, os órganos de representación do persoal.

Unidade responsable:

Para calquera dúbida pode dirixirse á Unidade de Análises e Programas en consulta.uap@uvigo.es ou no teléfono 986 130 218.



As QSP rexistraranse nun formulario electrónico ao que se poderá acceder dende todas as páxinas web da Universidade de Vigo. Trátase dun modo de presentación das QSP centralizado, o cal facilita o seu tratamento. As persoas que sexan membros da comunidade universitaria poderán rexistrar unha QSP a través da súa secretaría virtual.

Caixa de queixas, suxestións e parabéns UVIGO (ligazón)

A que a persoa interesada considere pertinente.


Volver