headerheader-400header-800
Volver

VOAP - Convocatoria actualización listaxes acreditados PTU e CU

O obxectivo da presente convocatoria é a actualización de dúas listaxes de profesorado a tempo completo acreditado (unha cos acreditados ao corpo de profesorado titular de universidade e outra cos acreditados a catedrático/a de universidade), que se farán públicas, e nas que se incluirán o profesorado que cumpra os requisitos que se relacionan no plan de promoción e nesta convocatoria, e solicite estar incluído nelas.

A Universidade de Vigo utilizará estas listaxes para determinar as prazas concretas a convocar ao corpo de profesorado Titular de Universidade e de Catedrático/a de Universidade. Así, unha vez fixado o número de prazas a convocar para cada un dos corpos docentes, utilizarase a lista correspondente como orde de prelación para determinar as áreas de coñecemento nas que procederá a convocatoria de ditas prazas.

Profesorado docente e investigador a tempo completo que estea acreditado para o acceso ao corpo de Catedrático/a de Universidade ou ao corpo de profesorado Titular de Universidade e reúna os requisitos que se establecen na Resolución Reitoral de 17 de xuño de 2020.

As solicitudes xunto coa documentación correspondente (formulario segundo o anexo da RR de 17/06/20 e documentación xustificativa), presentaranse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER).

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 10 de xullo de 2020 ás 14:00h.

O formulario a presentar (anexo da Resolución Reitoral de 17 de xuño de 2020) e a convocatoria pódense consultar no enderezo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/528  

Unha vez cumprimentado o formulario e asinado, subirase xunto a documentación xustificativa, acompañando á instancia xenérica da sede electrónica.


1.       Anexo da Resolución Reitoral de 17 de xuño de 2020 da Universidade de Vigo, pola que se publica a convocatoria para a actualización de listaxes de acreditados contempladas no Plan de Promoción a profesor/a Titular e Catedrático/a na Universidade de Vigo.

2.       Copia da acreditación para o acceso ao corpo de Catedrático/a de Universidade expedido pola ANECA, no caso de solicitude de inclusión na listaxe de acreditados para o corpo de Catedrático/a de Universidade.

3.       Copia da acreditación para o acceso ao corpo de profesor/a Titular de Universidade expedido pola ANECA, no caso de solicitude de inclusión na listaxe de acreditados para o corpo de profesorado Titular de Universidade.

4.       Certificado grao discapacidade (33% mínimo), de selo caso.

Requisitos:

As persoas que soliciten a súa inclusión nas listaxes deberán reunir os seguintes requisitos na data de finalización de presentación de solicitudes:

a)       Para Catedrático/a de Universidade:

-          Pertencer ao corpo de profesorado Titular de Universidade, con dedicación a tempo completo, e tendo prestado, como mínimo, dous anos de servicios efectivos baixo dita condición.

-            Estar en posesión da correspondente acreditación para o acceso ao corpo de catedrático/a de universidade

b)      Para profesorado Titular de Universidade:

-         Estar contratado pola Universidade de Vigo a tempo completo como profesorado Titular de Universidade Interino, profesorado Contratado Doutor (permanente ou interino) ou profesorado Axudante Doutor.

-           Estar en posesión da correspondente acreditación para o acceso ao corpo de profesorado Titular de Universidade.

c)       Non estar incluídos nas listaxes definitivas de acreditados publicadas na Resolución Reitoral de 24 de xullo de 2019.

Órgano encargado da tramitación:

Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado; vicprof@uvigo.es ; TLF: 986 813595

Normativa aplicable:

Resolución Reitoral do 17 de xuño de 2020 pola que se publica a convocatoria para a actualización de listaxes de acreditados contempladas no Plan de Promoción a profesor/a Titular e Catedrático/a na Universidade de Vigo.

Plan Promoción a profesor/a Titular e Catedrático/a na Universidade de Vigo (CG 20/03/2019)

Convocatoria

Resolución Reitoral de 17 de xuño de 2020 pola que se publica a convocatoria para a actualización de listaxes de acreditados contempladas no Plan de Promoción a Profesor/a Titular e Catedrático/a na Universidade de Vigo.

Convocatoria

Formularios:

Anexo (solicitude de inclusión nas listaxes de acreditados)

Formulario

Dende : 18/06/2020

Ata : 10/07/2020


Volver