headerheader-400header-800
Volver

Convocatoria de prazas na escola infantil de Ourense

Convócanse 41 prazas de renovación e nova adxudicación na Escola Infantil do Campus de Ourense “Concepción Sáiz Otero”.

As prazas distribúense segundo a idade dos nenos e nenas da seguinte forma:

-          membros da comunidade 8 prazas para nenos e nenas ata 1 ano de idade.

-          13 prazas para nenos e nenas de 1 a 2 anos de idade.

-          20 prazas para nenos e nenas de 2 a 3 anos de idade.


Os horarios, prezos e servizos da escola infantil pódense consultar no Anexo I da convocatoria:

https://www.uvigo.gal/campus/vantaxes/familia/escolas-infantis

Fillos e fillas de membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo. Os integrantes da comunidade universitaria son: o persoal docente e investigador (PDI), o persoal de investigación ou persoal contratado con cargo a proxectos ou convenios (PI), o persoal de administración e servizos (PAS) e o alumnado universitario matriculado en titulacións oficiais da Universidade de Vigo durante o curso académico 2019-20. Ao persoal da Fundación Universidade de Vigo consideraráselle equiparado á comunidade universitaria aos efectos desta convocatoria.

O alumnado universitario deberá estar matriculado en estudos oficiais da Universidade de Vigo en réxime de permanencia a tempo completo ou a tempo parcial, tal e como establece a normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster da Universidade de Vigo (publicado no DOG nº 124 do 30 de xuño de 2017).

No caso de que a oferta do servizo non se cubra coa demanda dos membros da comunidade universitaria poderán optar, primeiro, outros familiares dos membros da comunidade universitaria: netos/as e sobriños/as de estudantes de titulacións oficiais, traballadores/as en activo ou xubilados/as da Universidade de Vigo e segundo, os fillos e fillas de persoas que residan ou traballen na cidade de Ourense.

As solicitudes, tanto de renovación como de adxudicación de nova praza, poderán presentarse ata as 23:59 horas (hora peninsular española)do día 25 xuño de 2020 na sede da Universidade de Vigo(https://sede.uvigo.gal). Os formularios a presentar xunto coa documentación que corresponda para cada caso, e que se indica máis abaixo, débense descargar no enderezo https://www.uvigo.gal/es/campus/ventajas/familia/escuelas-infantiles, cubrilos e  subilos acompañando á instancia xenérica da sede.

1.      Renovación de praza.

As persoas interesadas que xa obtiveran praza no curso 2019-20, e que non soliciten cambio de quenda, deberán remitir a solicitude de renovación de praza, dirixida á vicerreitora do campus de Ourense, segundo o modelo que se acompaña como Anexo 2 da convocatoria xunto coa seguinte documentación:  

• Certificación actualizada de ser membro da comunidade universitaria da Universidade de Vigo. No caso do alumnado deberá presentar un compromiso de matrícula no curso 2020-21, anexo 4. Antes do 1 de setembro, procederase a comprobar, por parte da universidade, que as matrículas se fixeron efectivas, decaendo do seu dereito á praza as persoas solicitantes que non cumpran este requisito. No caso de persoas que se vaian a incorporar á plantilla de persoal traballador da Universidade, xustificación da Universidad neste senso.

• As persoas de fóra da comunidade universitaria deberán presentar certificado oficial actualizado de residencia na cidade de Ourense ou certificado actualizado da empresa no que figure que o pai ou a nai traballan na cidade de Ourense.  

No caso de cambio de quenda, os/as interesados/as deberán presentar xunto ca súa solicitude a mesma documentación requerida ás persoas que solicitan praza por primeira vez.

2. Petición de praza por primeira vez.  

As persoas interesadas en prazas de nova adxudicación, que reúnan os requisitos esixidos, deberán dirixir a solicitude á vicerreitora do campus de Ourense, segundo o modelo que se acompaña como Anexo 3 da convocatoria xunto coa seguinte documentación:

• Copia do DNI do pai e da nai ou responsable legal do neno ou nena.

• Copia cotexada  do libro de familia  ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. No caso de que o neno/a non nacera no momento da presentación da solicitude, esta documentación achegarase con posterioridade.

• Certificado resumo da declaración anual do IRPF correspondente ao exercicio de 2018 relativo aos ingresos da unidade familiar expedido pola Axencia Tributaria (non é suficiente copia da declaración da renda).

No caso de que a persoa interesada non estea obrigada a presentar a declaración anual da renda deberá presentar unha certificación dos datos existentes na Administración Tributaria, expedida pola citada Axencia, agás aquelas persoas solicitantes de devolución rápida que deberán achegar unha copia da comunicación que lles envía a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

• Certificación que acredite ser membro da Universidade de Vigo, en base aos seguintes supostos:

- O alumnado deberá presentar un compromiso de matrícula no curso 2020-21 (Anexo 4). Antes do día 1 de setembro procederase a comprobar, por parte da Universidade, que as matrículas se fixeron efectivas, decaendo do seu dereito á praza as persoas solicitantes que non cumpran este requisito.

- Os traballadores e traballadoras en servizo activo, en excedencia para coidado de fillos/as ou de familiares ou en servizos especiais (profesorado e persoal de administración e servizos, persoal de investigación e persoal contratado con cargo a proxectos e convenios, persoal da Fundación Universidade de Vigo, certificación da Universidade onde se acredite esta situación.

- Os solicitantes que se vaia a incorporar á plantilla de persoal da Universidade deberán achegar xustificación da Universidade da devandita situación.

- Para outros familiares dos membros da comunidade universitaria, netos/as e sobriños/as de traballadores/as en activo ou xubilados/as e do alumnado de titulacións oficiais da Universidade de Vigo, xustificación desta relación.

- Para persoas de fóra da comunidade universitaria certificado actualizado de residencia na cidade de Ourense ou certificado actualizado da empresa na que figure que o pai ou a nai traballan na cidade de Ourense.  

  • Documentación acreditativa da situación sociofamiliar e da situación laboral e familiar.  

Observacións: baremo de aplicación ás solicitudes (Anexo V):

https://www.uvigo.gal/campus/vantaxes/familia/escolas-infantis


Requisitos:

1.      Serán requisitos imprescindibles para ser beneficiario/a de praza na escola infantil do campus de Ourense:

-         Que o neno ou nena estea nado/a no momento da presentación da solicitude, ou que teña unha idade mínima de tres meses no inicio do curso escolar 2020-/21.

-         Que o neno ou nena non teña cumpridos os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2020.

2. Renovación de praza.

Poderán renovar a praza os beneficiarios/as da escola infantil durante o curso académico 2019-20, a partires do indicado nesta base segunda e sempre que cumpran cos requisitos da base primeira. Na renovación garantirase a praza a aqueles beneficiarios e beneficiarias da escola infantil que non soliciten ningún cambio na súa xornada escolar respecto ao curso 2019-20.

No caso das persoas beneficiarias que soliciten un cambio da súa xornada escolar respecto ao curso 2019-20, as súas solicitudes someteránse a baremo novamente.

3. Solicitude de praza por primeira vez.

Poderán optar á adxudicación dunha nova praza os pais ou as nais que sexan membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo: traballadores/as en servizo activo, en excedencia para coidado de fillos e fillas ou de familiares ou en servizos especiais (profesorado e persoal de administración e servizos, persoal de investigación,  persoal contratado con cargo a proxectos e convenios, e alumnado de titulacións oficiais con fillos ata os 3 anos. Ao persoal da Fundación Universidade de Vigo consideraráselle equiparado á comunidade universitaria aos efectos desta convocatoria. Ademáis, teranse en consideración as solicitudes das persoas que se vaian incorporar á plantilla de persoas traballadoras da Universidade de Vigo ao inicio do curso 2020/21, que acheguen a oportuna xustificación da Universidade ao respecto.

a)      No caso de quedar vacantes, poderanse presentar outros familiares dos universitaria: netos/as e sobriños/as dos  traballadores e traballadoras en activo ou xubilados/das da Universidade de Vigo. Se aínda quedasen prazas vacantes, poderán optar ao servizo as persoas residentes ou as persoas que traballen na cidade de Ourense con menores ao seu cargo ata os 3 anos. En ambos casos, os prezos a satisfacer serán os que correspondan a persoal alleo á Universidade de Vigo, segundo figura no Anexo 1 da convocatoria.

Órgano encargado da tramitación:

Área de Servizos á Comunidade do Campus de Ourense; asc-ou@uvigo.es; 988387171

Prazo de presentación de solicitudes: Dende o día 11 de xuño de 2020 ata as 23:59 horas do día 25 de xuño de 2020.

Prazo de resolución:

A resolución coa listaxe definitiva de prazas adxudicadas publicarase antes do día 24 de xullo de 2020.

Normativa aplicable:

Resolución reitoral do 11 de xuño de 2020 pola que se convocan prazas para a Escola Infantil “Concepción Sáiz Otero” do Campus de Ourense para o curso escolar 2020/21.

Formularios:

Anexo II (solicitude de renovación de praza)

Anexo III (solicitude de praza por primeira vez)

Anexo IV (compromiso de matrícula para o alumnado)

https://www.uvigo.gal/campus/vantaxes/familia/escolas-infantis#

Dende : 11/06/2020

Ata : 25/06/2020


Volver