headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Recoñecemento de materias

O recoñecemento de créditos de materias consiste na aceptación pola Universidade de Vigo dos créditos que, despois de obterse en ensinos oficiais, na mesma ou noutra universidade, son computados noutras distintas para os efectos da obtención dun título oficial.

Así mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutros ensinos superiores oficiais ou en ensinos universitarios conducentes á obtención de títulos propios

Persoas que estean a cursar ou desexen cursar un grao na Universidade de Vigo.

A solicitude presentarase a través da sede electrónica.

1. Descargar o formulario do procedemento, cumprimentalo e gardalo.

Formulario de solicitude

2. Ir a “Iniciar Tramitación” e unha vez comprobados os datos persoais, achegar o formulario e  demais  documentación requirida.

O alumnado da Uvigo non ten que presentar ningunha documentación de tipo académico

No caso de alumnos doutra Universidade deberá presentar xunto  co formulario:

  • Certificación académica expedida pola universidade de procedencia.
  • Programas ou guías docentes de cada unha das materias (seladas ou con código de verificación) das que pretende o recoñecemento, correspondente ao curso académico no que as superou.
  • No caso doutros estudos ou actividades, é precisa a certificación na que se acredite a súa realización.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Persoal das áreas académicas de grao das Facultades e das Escolas (secretarías de alumnado)

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  • En xeral, durante os meses de xuño, xullo e agosto.
  • Ata o 30 de setembro para o alumnado convocado a matricularse no mes de setembro.
  • Ata o 31 de outubro para o alumnado convocado a matricularse no mes de outubro.
  • Nas mesmas datas da formalización da matrícula para quen inicie estudos pola convocatoria de prazas sobrantes.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

  • Serán resoltas antes do 30 de setembro as solicitudes presentadas en xuño, xullo e agosto.
  • Serán resoltas antes do 31 de outubro as solicitudes presentadas en setembro.
  • Serán resoltas antes do 30 de novembro as solicitudes presentadas en outubro e as solicitudes presentadas durante a matrícula da convocatoria de prazas sobrantes.

SENTIDO DO SILENCIO

Estimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos na Universidade de Vigo

Convocatoria de admisión e matrícula nos ensinos de grao da Universidade de Vigo para o curso académico 2021/2022





Volver
Iniciar tramitación