headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Curso de adaptación ao Grao (curso ponte)

Admisión no curso de adaptación ao grao para persoas que estean en posesión dun título de diplomado/a, mestre/a ou enxeñeiro/a técnico/a e desexen obter o correspondente título de grao mediante a realización dun curso ponte na Universidade de Vigo

Diplomados/as, mestres/as e enxeñeiros/as técnicos/as

A solicitude presentarase a través da sede electrónica.

1. Descargar o formulario do procedemento, cumprimentalo e gardalo.

FORMULARIO

2. Ir a “Iniciar Tramitación” e unha vez comprobados os datos persoais, achegar o formulario e  demais  documentación requirida.

Documentación que deberá achegar á solicitude:

Ademais da documentación xustificativa que permita valorar a experiencia laboral e/ou os criterios específicos de selección indicados en cada caso, quen acadara o título noutra universidade presentará:

• Título oficial ou certificación do pagamento dos prezos públicos de expedición do título que da acceso

• Certificación académica coas cualificacións obtidas para os efectos de valoración do expediente

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN:

Persoal das áreas académicas de grao das Facultades e das Escolas (secretarías de alumnado):

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 1 de xuño ao 12 de xullo de 2021.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

No prazo establecido na convocatoria de matrícula para o curso 2021-2022:

·Publicación de listas provisionais de solicitudes admitidas a trámite: 14 de xullo de 2021

·         Prazo de presentación de reclamacións: 15 e 16 de xullo de 2021

·         Publicación de listas definitivas de solicitudes admitidas a trámite: 19 de xullo de 2021

·         Publicación de listas provisionais de persoas admitidas a matricularse: 21 de xullo de 2021

·         Prazo de presentación de reclamacións: 22 e 23 de xullo de 2021

·         Publicación de listas definitivas de persoas admitidas a matricularse: 27 de xullo de 2021

SENTIDO DO SILENCIO

Estimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Convocatoria de admisión e matrícula nos ensinos de grao da Universidade de Vigo para o curso académico 2021/2022.

FORMULARIOS RELACIONADOS

Formulario



Volver
Iniciar tramitación