headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SXER - Emenda e mellora da solicitude

Este trámite permite a achega de documentos como consecuencia dun requirimento de emenda ou a iniciativa da persoa interesada

Calquera persoa física ou xurídica, como interesada nun procedemento

Na sede electrónica, presencialmente e outros medios identificados no requirimento de emenda

Guía rápida de presentación de instancias de emenda e mellora de solicitude na sede

Formulario de solicitude de emenda e documentos requiridos ou que desexe achegar a persoa interesada

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

O servizo/área responsable do procedemento cuxa documentación se está emendando.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

A requIrimento do órgano instrutor ou, de ser o caso, a instancia da persoa interesada, dentro do prazo establecido para a emenda

Para a presentación do escrito, a persoa interesada deberá ter recibido requirimento de emenda por parte do servizo instrutor ou, no caso de presentar este escrito a instancia da propia persoa interesada, estar dentro do prazo de presentación da solicitude inicial

A emenda deberá realizarse no prazo que se estableza no requirimento, que normalmente será de 10 días hábiles.

Sempre que non se trate de procedementos selectivos ou de concurrencia competitiva, este prazo poderá ser ampliado prudencialmente, ata cinco días, a petición da persoa interesada ou a iniciativa do órgano, cando a achega dos documentos requiridos presente dificultades especiais.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Non opera

SENTIDO DO SILENCIO

Non opera

NORMATIVA APLICABLE

Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

Artículo 68 (Lei 39/2015) Emenda e mellora da solicitude


1. Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala o artigo 66 e, se for o caso, os que sinala o artigo 67 ou outros exixidos pola lexislación específica aplicable, requirirase ó interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21.

2. Sempre que non se trate de procedementos selectivos ou de concorrencia competitiva, este prazo poderá ser ampliado prudencialmente, ata cinco días, por petición do interesado ou por iniciativa do órgano, cando a achega dos documentos requiridos presente dificultades especiais.

3. Nos procedementos iniciados por solicitude dos interesados, o órgano competente poderá pedir ao solicitante a modificación ou mellora voluntarias dos termos daquela. Disto levántase acta sucinta, que se incorporará ao procedemento.

4. Se algún dos suxeitos a que fai referencia o artigo 14.2 e 14.3 presenta a súa solicitude presencialmente, as administracións públicas requirirán ó interesado para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

No asunto débese indicar

  • Unidade ou servizo ao que se dirixe
  • Procedemento ao que pertence a documentación a emendar

Para iniciar o trámite prema no botón “iniciar tramitación” e achegue a documentación

Dende : 28/01/2020


Volver
Iniciar tramitación