SPDI - Certificación de docencia en grao e mestrado
Descrición
Dirixido a
Persoal con docencia en POD e conferenciantes invitados con horas de docencia no Xescampus (pero non en PDO)
Como facelo
Para facelo, deberá identificarse. O trámite realízase na Secretaría Online (
https://secretaria.uvigo.gal) da Universidade de Vigo. Pode acceder directamente empregando o botón "Tramitar nunha páxina nova" da esquina superior dereita.
Unha vez que acceda, a persoa interesada deberá premer en "Nova Solicitude" e abrirase un formulario onde deberá elixir os seguintes campos obrigatorios:
"Idioma certificado" (galego/castellano ou inglés)
"Inicio período certificación" (a partir do curso 2010/11)
"Fin período certificación"
"Observacións"
Unha vez cumprimentados todos estes campos, prema en "Solicitar certificado" ou "Cancelar".
Documentación requirida
Non require documentación
Observacións
Non se emitirán certificacións dos cuadrimestres non rematados no momento da realización da solicitude