headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Admisión por recoñecemento dun mínimo de 30 créditos

Admisión nun grao na Universidade de Vigo procedente do mesmo grao cursado noutra universidade española ou de distinto grao ou outros estudos universitarios iniciados na Universidade de Vigo ou noutra universidade española, por recoñecemento de polo menos 30 créditos.

Estudantes de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, enxeñaría técnica, arquitectura ou arquitectura técnica, que non finalizasen estes estudos e desexen continualos nun grao.

A solicitude presentarase a través da sede electrónica.

1. Descargar o formulario do procedemento, cumprimentalo e gardalo.

 FORMULARIO

2. Ir a “Iniciar Tramitación” e unha vez comprobados os datos persoais, achegar o formulario e  demais  documentación requirida.


 O alumnado da Universidade de Vigo non terá que presentar ningunha documentación de tipo académico

No caso de alumnado doutra Universidade:

• Certificación académica expedida pola universidade de procedencia

• Programas ou guías docentes de cada unha das materias (seladas ou con código de verificación) de que pretende o recoñecemento correspondente ao curso académico no que as superou

A persoa que resulte admitida deberá solicitar o traslado de expediente na universidade de orixe.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Persoal das áreas académicas de grao das Facultades e das Escolas (secretarías de alumnado)

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Durante o mes de xuño.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Ata o 31 de xullo.


SENTIDO DO SILENCIO

Estimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Admisión de estudantes con estudos universitarios iniciados na Universidade de Vigo ou noutra universidade española

https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/mentres-estudas/xestions-estudantes-grao/admision-matricula

Convocatoria de admisión e matrícula nos ensinos de grao da Universidade de Vigo para o curso académico 2021/2022.

FORMULARIOS RELACIONADOS


Volver
Iniciar tramitación